Convocados cursos de formación sobre intervención en emerxencias para concellos con GES

Actuación GES_Arquivo.

Esta convocatoria da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) ponse en marcha para a realización de cursos sobre intervención en emerxencias para os concellos con grupos de emerxencia supramunicipais (GES).

Estes cursos teñen como obxectivo formar ao persoal que participou nos procesos selectivos dos GES coa finalidade de dotalo dos coñecementos necesarios nos principais riscos e emerxencias aos que se van enfrontar no seu labor. Deste xeito, os alumnos recibirán formación en primeiros auxilios, actuacións en caso de accidentes de tráfico, extinción de incendios urbanos e industriais e intervención en incendios forestais.

Os cursos constarán de 70 horas lectivas, con exercicios prácticos e unha proba final, e con dúas edicións iniciais; a primeira, do 2 ao 25 de agosto; e a segunda, do 10 de agosto ao 2 de setembro, nos dous casos en modalidade semipresencial.

O curso vai dirixido a todo o persoal que participou nos procesos selectivos dos GES, pero con prioridade para os dos concellos que contan cun GES de nova creación e que xa dispoñen dunha sede para o grupo de emerxencia supramunicipal, como Maceda, A Veiga, Redondela-Mos, Moraña, A Cañiza, A Lama ou Friol.

A superación dos cursos permitirá ao persoal contar cunha formación preceptiva despois de superar o proceso selectivo, e especializada para realizar, entre outras funcións, labouras de extinción de incendios urbanos e forestais ou intervención en accidentes de tráfico nas que a menudo está en xogo a vida das persoas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha