Convocados os actos expropiatorios para executar a Torre Polivalente do novo CHUAC

2 minutes read

A execución desta infraestrutura, que se adiantará ao resto do edificio hospitalario, suporá un investimento autonómico de 37,2 M€, no que se inclúe o pagamento dunha porción de terreo colindante coa parcela onde se levará a cabo a actuación, que é precisa para a demolición do actual Hospital de Pacientes e para a execución dun novo, dentro do ámbito do futuro Complexo Hospitalario. 

Os actos para o levantamento de actas previas á ocupación e o de formalización das actas de ocupación levarase a cabo conxuntamente o día 22 de maio, ás 10,30 horas no Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas, na Coruña.  

A Torre Polivalente é a primeira fase do futuro Hospital Público da Coruña, de modo que a intervención dea como resultado un novo hospital, que integre o que se vai construír co que xa existe, funcionando todo como un conxunto.  

O novo edificio terá 13.700 m2 e 16 plantas de altura, 4 delas baixo rasante, destinadas a usos sanitarios polivalentes, hotel de pacientes e áreas administrativas que se conectarán mediante unha pasarela co hospital existente. 

A redacción do proxecto da Torre Polivalente adiantouse ao resto de espazos do Novo CHUAC, polo que e a previsión é licitar en xuño as obras, cun prazo de execución de 12 meses.  

A Torre Polivalente será a primeira peza do Novo Hospital Público da Coruña e construirase na parcela sen edificar que está situada ao carón do actual complexo hospitalario, desde o que se administrará todo o hospital e servirá de nexo entre as novas edificacións e o hospital actual, a través dunha pasarela elevada que o conectará co bloque oeste existente.  

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?