Convocados os premios ás mellores iniciativas de entidades locais de dinamización demográfica

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este xoves a convocatoria da primeira edición dos Premios á Dinamización Demográfica para difundir as iniciativas promovidas por entidades locais, de maneira individual ou en conxunto, que teñan por obxecto o impulso e a revitalización demográfica do seu territorio.

Os premios recoñecerán a labor de concellos, agrupacións de concellos, mancomunidades e consorcios locais da comunidade galega de menos de 20.000 habitantes que conten con iniciativas ou proxectos pilotos que aborden medidas o reto do cambio demográfico con medidas de apoio ás familias, á mocidade, á conciliación familiar e laboral, ao retorno e atracción de nova poboación, á promoción do envellecemento activo e saudable ou a creación do marco necesario para o asentamento da poboación no medio rural.

Estes premios, dotados con 77.500 euros, permiten recoñecer as medidas das entidades locais que resultan eficaces para xestionar o declive demográfico e que poidan aplicarse noutros concellos da comunidade galega. As bases establecen tres categorías de premios e ademais o xurado poderá propoñer outras mencións especiais.

As entidades locais interesadas teñen un mes de prazo desde mañá para presentar as súas solicitudes. Unha vez rematado ese periodo, as inscricións que cumpran os requisitos enviaranse ao xurado para a súa valoración. O xurado estará presidido pola persoa titular da Dirección Xeral de Administración Local e como vicepresidente o responsable da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha