Convocados os premios escolares de innovación en dinamización lingüística 2020-2021

1 minutes read

A participación está aberta, desde este martes, 9 de febreiro, ao vindeiro 10 de marzo, a través da sede electrónica da Xunta. O texto da convocatoria recorda que os centros públicos admitidos no programa Proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística do Plan Proxecta teñen a obriga de participar na iniciativa.

Seleccionaranse cinco proxectos que terán a consideración de excelentes e que recibirán cadansúa dotación económica de 2.000 euros. O profesorado implicado activamente no seu desenvolvemento recibirá unha certificación de Primeiro Premio de Innovación Educativa, cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e de 20 horas para o profesorado participante.