Convocados os premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico do curso 2020/2021

Trátase duns galardóns cos que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade quere facer un recoñecemento público ao esforzo e dedicación do alumnado desta etapa educativa que remata cuns resultados académicos salientables.
Serán un total de 20 alumnos os que poidan acceder a estes premios, de entre os que estean cursando este ano o cuarto curso da Educación Secundaria Obrigatoria e que obtivesen no conxunto da etapa unha nota media igual ou superior a nove puntos.
A contía de cada premio ascende a 800€, cun incremento de 50€ (un 6% máis) respecto da convocatoria anterior. Ademais, cada persoa galardoada recibirá un diploma acreditativo e a distinción será anotada no seu expediente académico. Os premios son compatibles, así mesmo, con calquera outro tipo de premios, bolsas ou axudas concedidos por algunha Administración pública competente ou calquera ente público ou privado, nacional, da Unión Europea ou organismos internacionais.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha