Convocados os donos dos terreos necesarios para construir unha senda peonil en Frades

1 minutes read

Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a convocatoria, para outubro e decembro, dos actos expropiatorios para executar unha senda na estrada autonómica AC-524 no concello de Frades. A nova senda, que terá 770 metros de lonxitude, permitirá a conexión do núcleo rural de Pibideira cos do Pazo e Sobre dos Campos. Esta intervención de mellora da seguridade viaria e da mobilidade na estrada autonómica ao seu paso polo municipio coruñés suporá un investimento de 242.000 euros e conta cun prazo de execución de 4 meses. Os actos para o levantamento de actas previas á ocupación terán lugar o 14 de outubro, ás 10:30 horas na Casa do Concello de Frades. A formalización das actas de ocupación levarase a cabo o 16 de decembro, no mesmo lugar e á mesma hora.