Convocados os propietarios dos terreos para mellorar 64 paradas de bus de Santiago, Soneira, Fisterra e Xallas

1 minutes read

A convocatoria foi publicada no Boletín Oficial da Provincia da Coruña para os meses de febreiro e marzo, para os actos expropiatorios para executar as obras mellora da accesibilidade e conectividade de 64 paradas de autobús situadas en 14 estradas autonómicas ao paso por 10 concellos. Concretamente, intervirase en 13 paradas en Santa Comba; 9 en Ames; 21 en Brión; 2 en Camariñas; 1 en Cee; 1 en Corcubión; 4 en Dumbría; 7 en Fisterra; 2 en Vimianzo; e 4 en Zas. Para levar a cabo estas intervencións faise necesario a expropiación de distintos predios situados nos municipios de Santa Comba, Ames, Brión, Camariñas, Cee, Dumbría, Fisterra, Vimianzo e Zas. No caso das paradas de Corcubión as melloras realízanse en zona de dominio público das estradas de titularidade da Xunta, polo que non é necesario o proceso expropiatorio. Segundo recolle este xoves o boletín provincial, o acto de levantamento de actas previas á ocupación dos terreos situados neste municipios celebraranse os días 19, 20 e 21 de febreiro. Posteriormente, no mes de marzo, convócase o pagamento de depósitos previos e a formalización das actas de ocupación, fixándose para os días 18, 19 e 20 marzo.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?