O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a convocatoria en novembro e en xaneiro aos propietarios dos terreos necesarios para executar unha senda peonil na estrada autonómica AC-413, no entrada ao núcleo da Tablilla desde Ordes, no concello de Cerceda. O acto de levantamento de actas previas á ocupación dos terreos fíxase para o 8 de novembro, ás 10 horas, na Casa Consistorial de Cerceda. A formalización das actas e o pagamento dos depósitos previos levarase a cabo o día 24 de xaneiro no mesmo horario e localización. Esta actuación, que tamén beneficia ao municipio de Tordoia, suporá un investimento autonómico que supera os 125.000 euros. A previsión da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade é licitar a execución da obra a finais de ano ou principios do 2022. Os traballos contan dun prazo de execución de 6 meses.
O novo itinerario de algo máis de 0,4 quilómetros proxéctase en formigón cor terrizo natural e estará limitado da calzada por un bordo que o diferencie do resto da plataforma. O ancho do itinerario será constante, acadando os 2 metros. Nesta actuación inclúese a execución da rede de pluviais, rede de alumeado público, reposición de sinais e marcas viarias de bordo da calzada.