Convocados paros parciais cada venres de maio nos centros da Seguridade Social

Os sindicatos CCOO e CSIF convocaron folgas, en forma de paros parciais os venres do mes de maio, en todos os centros da Seguridade Social por «a deterioración dun dos servizos públicos con maior demanda da cidadanía». Os paros terán lugar todos os venres de maio, desde as 10:30 h ata as 11:30 h, así como unha xornada de folga de 24 horas o 7 de setembro. As centrais critican que a «falta de compromiso» do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións provocou unha situación «caótica» ante a que non poden senón «subir o nivel de reivindicación». Os sindicatos convocantes indican que as medidas para abordar son de maior calado no que afecta á ordenación dos recursos humanos e á integración das diferentes entidades da Seguridade Social nunha axencia. 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha