Convocados tres novos permisos de explotación de percebe a pé na confraría de Corme

A Consellería do Mar convoca tres novos permisos de explotación na modalidade de percebe a pé no ámbito do plan de explotación da confraría de pescadores de Corme. Para poder optar a eles, os solicitantes deben cumprir, entre outros, os requisitos exixidos no Decreto 425/1993, do 17 de decembro, polo que se regulan os permisos de explotación para exercer a actividade pesqueira e marisqueira e o que establece a orde que regula a explotación dos recursos específicos. Ademais, deben presentar a documentación requirida pola Consellería do Mar.
Os interesados poden consultar a convocatoria na páxina web da Consellería do Mar. O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días hábiles tras a publicación desta convocatoria no taboleiro de anuncios da Xefatura Territorial e na páxina web da Consellería.


As solicitudes e a documentación acreditativa deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta. Opcionalmente tamén se poderán presentar en papel nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia, oficinas de correos e no resto de lugares indicados na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.


Unha vez rematado o prazo de solicitude, a Consellería do Mar procederá á súa valoración. As solicitudes que cumpran os requisitos establecidos serán estudadas e baremadas de acordo co baremo para obter o permiso de explotación a pé para recursos específicos, aprobado pola resolución do 4 de maio de 2016 da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro.
Todas as prazas son convocadas despois de comprobar a súa viabilidade nos informes técnicos e sempre tendo en conta a compatibilidade e sustentabilidade dos recursos e criterios socioeconómicos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha