Convocan unha manifestación automovilística en Laxe por un Plan de Tráfico Integral

2 minutes read

Unidas Podemos Laxe convocou a través das redes sociais a unha manifestación sobre catro rodas que se celebrará o vindeiro domingo 13 de agosto. A protesta, afirman que é consecuencia do “caos circulatorio ao que se ve sometido Laxe nestas datas”, reclama un plan racional con medidas para o benestar dos veciños, así como o estricto cumprimento da ordenanza municipal nesta materia. Na convocatoria invitouse ás forzas políticas da oposición, ó tecido asociativo do concello e a toda a veciñanza.

“No último pleno ordinario, presentáronse mocións tanto urxentes como ordinarias por parte de Unidas Podemos como do PSOE sobre a materia. Todas elas foron rexeitadas polo equipo de goberno do PP que preside José Luis Pérez Añón, aínda levandoo en sucesivas ocasións no seu programa electoral e sendo conscientes da aglomeración de vehículos en época estival pero non coherentes coas súas propostas. Son varios os feitos que levan a esta situacion insostible. Ademais das consecuencias dun Laxe ateigado que afecta á vida cotiá dos e das cidadás, os vehículos precipitados ó mar dende os cantís do porto, e o desorde que produxo a afluencia de visitantes coincidindo co Mercado Pirata e as Xornadas Gastronómicas da Lonxa colman o vaso da paciencia destas formacións. Subliñar que se o devandito caos repercute na xente de Laxe, os visitantes procedentes das grandes cidades lles recordará a estas, e non queremos un Laxe así, nin para a nosa xente nin para os de fóra”, afirman.

A saída será dende o CPI Cabo da Area ás 12 do mediodía e percorrerá a vila ata o porto e volta. Convocada por Unidas Podemos co seu concelleiro, Fernando Del Moral Regaldie e apoiada polo concelleiro do PSOE, Francisco Vidal Castro, “non contará co respaldo do BNG de Laxe, feito incomprensible e incoherente nesta materia na que coinciden as tres formacións”, conclúen.