Convócanse as novas eleccións tras a disolución das Cortes

O Boletín Oficial do Estado publicou este martes o decreto de disolución das Cortes e de convocatoria electoral para o 10-N. O decreto publicouse despois de que a presidenta do Congreso, Meritxell Batet, acudise ao Palacio da Zarzuela para que o Rei o asinase.

Desta maneira, as cámaras quedan disoltas e pasarán 47 días ata as eleccións do 10 de novembro que terán, como estipula a lei en caso de repetición electoral, unha campaña máis curta, concretamente dunha semana, e cunhas subvencións aos partidos reducidas á metade.

«A decisión recae agora de novo nos españois, ante os que imos render contas todos da nosa actuación nestes meses. O que non é desexable é o bloqueo institucional, pero se para evitalo hai que ir de novo ás urnas nunca será unha mala solución a que consista en que a cidadanía elixa os seus representantes», asegurou Meritxell Batet, presidenta do Congreso.

Batet, ademais, precisou que non hai cambios no número de deputados a elixir nas circunscricións, en comparación co establecido nas pasadas eleccións xerais do 28 de abril.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha