Convocan aos propietarios dos terreos para executar a primeira fase da Variante de Ribeira


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade convoca, para decembro e febreiro, os propietarios dos terreos necesarios para executar a primeira fase da Variante de Ribeira, que comprende o treito entre a estrada autonómica AC-550 e a avenida da Constitución. O levantamento das actas previas á ocupación terá lugar os días 12, 13 e 14 de decembro, entre as 10 e as 13 horas, na praza de Abastos de Ribeira; a formalización das actas de ocupación levarase a cabo os días 23 e 24 de febreiro, no mesmo horario e lugar. Na primavera de 2024 os veciños xa disporán dun pequeno treito de 220 metros que forma parte da Variante de Ribeira, unha infraestrutura clave que dotará o núcleo urbano dunha vía que de oeste a sur conecte a autovía do Barbanza e a AC-550 coa estrada da costa.