O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez Bértolo, presentou ás organizacións sindicais na mesa sectorial a oferta de prazas que se van convocar neste ano 2022 para as oposicións de educación. Será un total de 2.628 prazas, distribuídas en 61 especialidades, das que máis do 87% son de novo ingreso e as restantes son de promoción interna.
No caso das prazas de novo ingreso, 950 serán para mestres, 1.171 para ensino secundario, 45 para docentes de escolas oficiais de idiomas e 8 para os de artes plásticas e deseño.
No caso da promoción interna, haberá 10 prazas para o acceso ao corpo de inspectores de educación, 298 para acceder ao corpo de profesores de ensino secundario e as outras 2 para o de artes plásticas e deseño.
A convocatoria destas prazas, que acumulan as ofertas de emprego de 2021 (xa aprobada) e 2022 (que se aprobará no próximo Consello da Xunta), publicarase antes de que remate o mes no Diario Oficial de Galicia.