Convocatoria de apoio ás librarías para impulsar actividades de promoción do libro e a lectura

Imaxe de arquivo_PIXABAY

Trátase dunha medida enmarcada no apoio do Goberno autonómico á industria editorial que conta cun incremento orzamentario de 12%, e enmárcase Plan de Reactivación da cultura en marcha para contribuír a reactivación do sector, que se reforza este ano con 23 millóns de euros.

Segundo publica o Diario Oficial de Galicia poderán optar a estas axudas os titulares de librarías que desenvolvan a súa actividade en Galicia. En concreto, as achegas irán destinadas a actividades como presentacións, encontros, lecturas ou actividades similares levadas a cabo no propio establecemento, así como actos de difusión dos libros e a lectura realizados a través da páxina web e redes sociais da libraría, entre outras accións de difusión. Estas actividades deberán realizarse desde a resolución desta orde ata o 15 de novembro de 2021.

Os interesados poderán presentar as súas solicitudes de xeito telemático ata o 14 de xuño. Entre os documentos que deberán presentar inclúese unha memoria detallada das actividades de difusión que levarán a cabo nos distintos formatos e soportes previstos.