Conxemar converte Vigo na capital mundial do conxelado e dos produtos do mar


Conxemar pechou a súa primeira xornada con éxito de público convertendo Vigo na capital mundial do conxelado e dos produtos do mar. É a primeira gran cita mundial do sector despois da parada pola pandemia. Por fin é posible o contacto persoal con clientes potenciais e Conxemar convértese no mellor escaparate para presentar  novos produtos como as piruletas de lagostinos ou as hamburguesas de pota. Compromiso coa saúde e co ambiente, por exemplo, nas novas maquinarias de envasado. Apostas galegas polas que se interesan clientes doutros países que buscan para o marisco vivo envases sostibles, de orixe vexetal e que non deixen residuos. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, apuntou a “un éxito” da edición e louvou aos traballadores e traballadoras, ás persoas que emprenden no sector e a Xunta Directiva de Conxemar polo feito de facer o evento posible “durante tantos anos e facelo tamén agora”.