Persoal técnico do Sergas e do Concello da Coruña acordaron analizaren os documentos presentados pola consellería para axilizar a concesión da licencia para as obras de mellora do CHUAC. Con respecto ao estudo detalle, necesario para a licencia pola posible ampliación do volume do inmoble, o Concello e a Xunta estudan agora unha solución xurídica e técnica que permita outorgar a licenza nos vindeiros días. O Concello entende que é necesaria a máxima colaboración entre a administración local e autonómica para iniciar estas obras «tan necesarias para a mellora da infraestrutura sanitaria». Pola súa banda, o concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, agarda que esta xestión «permita outorgar a licenza de obra para os vindeiros días e agradécelle á Consellería de Sanidade a súa vontade de acordo para axilizar esta obra».