Corcubión acollerá en setembro a tradicional Bandeira de Traíñas da Deputación da Coruña

Despois de que o pasado ano se suspendera a competición debido á pandemia, a área de Deportes da Deputación da Coruña organiza este ano 32ª edición na categoría masculina e a 3ª na feminina, para as que se destinan un total de 24.600 euros en premios, distribuíndose en 12 equipos masculinos e 6 femininos. O percorrido que os clubs participantes terán que facer en Corcubión será de 5.556 metros (3 millas mariñas).

«Por primeira vez a Bandeira de Traíñas chegará Corcubión, unha vila mariñeira con tradición remeira e onde confluirán ao redor de 200 remeiros e remeiras de todo o norte de España, facendo que este municipio sexa protagonista do remo durante esa fin de semana», destacou o presidente provincial, Valentín González Formoso, na súa visita á localidade.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha