Corcubión celebrará este ano a XX edición do ‘Mercado Medieval Costa da Morte’

Foto de arquivo do Mercado Medieval de Corcubión

  • Terá lugar os días 22, 23 e 24 de xullo

O Mercado Medieval Costa da Morte volverá celebrarse este ano na súa data habitual, a penúltima fin de semana de xullo: 22 , 23 e 24. Así o comunicaron este martes desde a organización, desexando que a vila de Corcubión volva brillar con todos os postos artesanais e gastronómicos así como a recreación do intento de toma do pobo polas tropas do arcebispo Rodrigo de Luna na súa XX edición, que ía celebrarse no 2020 pero que finalmente fóra suspendida pola pandemia.