Corcubión recibirá cen mil euros para a rehabilitación do seu conxunto histórico

1 minutes read

Trátase dunha achega económica dos fondos correspondentes a áreas de rehabilitación integral entre os concellos que solicitaron participar neste reparto feito pola Xunta en función das solicitudes presentadas pola administración local e tendo en conta o grado de cumprimento en cada concello dos obxectivos asignados en anteriores repartos.

Os beneficiarios finais dos fondos repartidos serán os propietarios de vivendas e edificios de vivendas emprazados no ámbito das Áreas de Rehabilitación Integral (ARI), que recibirán axudas a fondo perdido para as actuacións de rehabilitación que realicen. Tamén se poderán beneficiar das axudas os propios concellos para a realización de actuacións de urbanización e reurbanización no ámbito das ARI.