Córdoba chegou aos 46,9 graos, a temperatura máis alta rexistrada pola Aemet en España


Este sábado igualouse a temperatura máis alta rexistrada pola Aemet en España: 46,9 graos. Foi no Aeroporto de Córdoba. Os termómetros superaron os 40 graos en boa parte de España. O máis crítico viviuse no centro da península e nas concas do Ebro e o Guadalquivir. En relación coa actual onda de calor, a primeira do ano, a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) previu activar aviso vermello por altas temperaturas en todas as provincias, menos Málaga e Almería, onde é de nivel laranxa. Segundo detalla a Aemet na súa páxina web, terán activada a alerta vermella na campiña cordobesa (46 graos), e Andévalo e Condado (Huelva); Morena e Condado (Xaén); o val do Guadalquivir de Xaén; e a campiña sevillana, con 44 graos.