Os negociadores de Estados Unidos e de Corea do Norte comezaron este sábado na capital de Suecia, en Estocolmo, unha nova rolda de contactos para tratar de avanzar nas negociacións bilaterais sobre o programa de armamento nuclear norcoreano. Os contactos teñen lugar no medio de gran segredo, o que se interpreta como un interese compartido por empezar a negociar avances no proceso iniciado co mediático cume de Singapura de xuño de 2018 entre os presidentes Donald Trump e Kim Jong-un. Os encontros de Estocolmo buscan romper o bloqueo que persiste desde o cume de Hanoi de febreiro, na que Washington considerou insuficiente a oferta de Pionyang referente ao desmantelamento de Yongbyon e negouse a levantar sancións económicas que pesan sobre o país asiático. A pesar destas negociacións Corea do Norte segue mantendo unha estratexia militar hostil na rexión, despois de que este mércores confirmase probar con éxito un novo tipo de mísil balístico lanzado desde un submarino á primeira hora do día.
43