Corea do Sur deu a súa resposta tras detectar un gran despregamento aéreo norcoreano. Mobilizou gran parte da súa forza aérea. Nos dous últimos días o réxime de Pyongang lanzou unha trintena de mísiles para responder as manobras aéreas de Seúl e Washington. O portavoz do Estado Maior Conxunto do exército surcoreano, Kim Jun-rak, pediu o fin do que cualificou de «provocacións«: «É unha grave provocación que pon en perigo a paz e a estabilidade na península de Corea e na comunidade internacional, e unha clara violación das resolucións do Consello de Seguridade da ONU. Condenámolo enerxicamente e instamos a deter as provocacións de inmediato». As escalada vai continuar porque en represalia por estes lanzamentos os aliados anunciaron que os exercicios, que involucran a uns 240 aviónes e que debían concluír este venres, prolongaranse ao sábado. A tensión na península coreana alcanza cotas inéditas ante as repetidas probas de armas norcoreanas, as manobras dos aliados e a posibilidade de que, tal e como indican os satélites, o réxime de Kim Jong-un xa estea listo para realizar a que sería desde 2017 a súa primeira proba nuclear.
18