Así o recolle o convenio asignado polo secretario desta entidade empresarial, Juan Carlos Fernández Cancela, e mailo conselleiro delegado de Galega de Economía Social, Ramón Sestayo Lestón.
Tras este convenio, todos os xoves, en horario de 15 horas, Coregal realizará o servizo de recollida, carga e transporte do papel, cartón e plástico xerado polas empresas adheridas á comunidade de propietarios do polígono carballés, un servizo que se denomina “Porta a porta”, que consiste na recollida dos residuos diante das instalacións das empresas utilizando para iso un camión compactador con condutor e peón operario.
Este tipo de acordos permiten, ademais de manter un coidado e mellora do medioambiente, ofrecer carga de traballo a unha iniciativa de economía social que integra a persoas con discapacidade, favorecendo a súa inclusión social e laboral.
Actualmente, Coregal realiza traballos de recollida selectiva de cartón e envases en concellos limítrofes como Ponteceso, Cabana de Bergantiños, Laxe e Malpica, ademais de xestionar recollidas destes residuos en empresas tanto do polígono como dos concellos.