‘Cores da terra’, de Santiago Garrido, seguirá en agosto no Dolmen de Dombate

Cedida

  • A mostra está composta por imaxes sobre paisaxes tradicionais, solpores e elementos «de sempre» da nosa comarca

A exposición fotográfica ‘Cores da terra’, do xornalista Santiago Garrido, prolongará a súa estancia no Dolmen de Dombate durante o mes de agosto debido á súa excelente acollida.

A mostra está composta por imaxes sobre paisaxes tradicionais, solpores e elementos «de sempre» na comarca. Esta actividade, que estivo motivada durante o mes de maio pola conmemoración das Letras Galegas, tivo un «moi bo recibimento por parte da veciñanza e de todas persoas que se achegan a Dombate», aclararon desde o goberno local.