- Instalaranse no edificio consistorial e no de Servizos Múltiples, nos centros de saúde e nos centros de ensino
Na sesión plenaria do pasado 30 de setembro, previa moción presentada polo grupo municipal PSdeG-PSOE, aprobouse, co apoio de todos os membros da corporación municipal, realizar una recollida de doazóns para a illa da Palma tras os problemas causados pola erupción do volcán Cumbre Vieja.
Despois de contactar coa Cruz Vermella da illa, desde o Concello de Coristanco destacan que «neste momento as maiores necesidades corresponden ao aporte económico», polo que se habilitarán diferentes puntos de recollida monetaria: no Concello, no edificio de Servizos Múltiples, nos centros de saúde e nos centros de ensino.
Todos aqueles establecementos e asociacións que desexen instalar un punto de recollida poderán solicitalo chamando ao 651 664 908 ou a través de biblioteca@coristanco.gal.