39
- As actividades, dirixidas a nenos de entre 3 e 12 anos, teñen un custo de 10 euros
Este mércores abre o prazo para preinscribirse no programa de conciliación «Ó son do verán», posto en marcha polo Concello de Coristanco. As actividades van dirixidas a nenos con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos e realizaranse na área recreativa da Rocheira, en horario de 9 a 14 horas.
O último día para preinscribirse será o 21 de maio, e as solicitudes deberán presentarse na biblioteca municipal en horario de 8 a 15 horas. Esta actividade ten un prezo de 10€ por quenda, aínda que o pago non se fará efectivo ata a confirmación da praza.
Máis información no 651 664 908 ou enviando un correo a biblioteca@coristanco.gal.