Coristanco acolle a mostra ‘Nós tamén fomos emigrantes’

Trátase dunha colección de fotografías da Axencia EFE sobre a emigración española no século XX. Na mesma móstrase unha selección de corenta instantáneas tanto no ámbito galego como no español, coa intención de ofrecer unha síntese fotográfica das migracións a través da mirada profesional e humana dos fotoperiodistas da época. Este proxecto forma parte da iniciativa «Cultura por alimentos» promovida por Afundación en colaboración con FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos) e que pretende achegar alimentos de primeira necesidade aos bancos de alimentos locais. As persoas que visiten esta exposición poderán doar alimentos para esta causa. A mostra permanecerá aberta no Edificio de Servizos Múltiples de Coristanco ata o 27 de xuño, de luns a venres de 9 a 15 horas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha