Coristanco acolle a presentación dun libro de Alfonso García López

1 minutes read

O libro “O porto da Coruña no Camiño Inglés a Santiago de Compostela”, de Alfonso García López, será presentado o vindeiro luns día 23 de xaneiro, ás 20 horas no salón de actos do Edificio Municipal de Usos Múltiples de Coristanco.

O libro revela a importancia que tiveron entre os séculos XI e XVI as peregrinacións marítimas a Santiago de Compostela desde os países do norte de Europa: Inglaterra, Irlanda, Islandia, Illas Orcadas, Illas Feroe, Suecia, Noruega, Finlandia, Polonia, Norte de Alemaña e Dinamarca.

Para o porto da Coruña supuxeron un forte impulso, en pasaxeiros e movemento de mercadorías, a través das frotas dos cruzados, os navíos da Hansa e os buques que arribaban con regularidade desde o sur de Inglaterra nos anos santos ou anos de perdonanza.

Outro aspecto que o autor trata é a importancia da tradición e a lenda no mundo xacobeo, dada a escasa documentación da época sobre a predicación do Apóstolo en España e a translación dos seus restos ao finisterrae entón coñecido.

O esquecido Camino Inglés tamén foi parte importante na construción da idea de Europa, a súa cultura e modos de vida.