Coristanco acolle este xoves numerosas iniciativas relacionadas coa compostaxe doméstica

1 minutes read

A xornada comezará nos centros de educación infantil e primaria Canosa-Rus e Bormoio-Agualada, onde os máis pequenos poderán participar nun obradoiro no que se traten diversas problemáticas medioambientais derivadas da xeración de residuos, así como unhas nocións básicas de compostaxe doméstica.
Ás 19:00 horas, no Edificio de Usos Múltiples de Coristanco, tras unha pequena formación por parte de O CAMIÑO SOSTIBLE aos asistentes, procederase á entrega de composteiros de uso doméstico. Para poder recibir o composteiro cómpre recordar que é necesario estar inscrito ao programa de compostaxe doméstico do concello de Coristanco.

INSCRICIÓN:
– A través dun formulario online (https://www.elcaminosostenible.org/biorresiduos/)
– A través de correo electrónico a biorresiduos@elcaminosostenible.org.
– De forma presencial na Biblioteca Municipal.

A veciñanza terá a súa disposición o número de teléfono 690 145 190 (chamadas e WhatsApp) e o correo electrónico biorresiduos@elcaminosostenible.org para resolver calquera tipo de dúbida. Este servizo está atendido por un biólogo experto en compostaxe.