O Centro Interxeracional da Rocheira acollerá a presentación do libro do Doutor en Ciencias Sociais D. Joam Evans Pim e o historiador D. André Pena Granha, acto que contará coa presenza do coautor da obra D. Joam Evans Pim e de D. Manuel Amigo Ferreiro, Presidente da Asociación Costavales, entidade promotora da Vía Céltica.
Esta obra recolle o itinerario posxacobeo que permite a prolongación da peregrinación xacobea ata os santuarios de Fisterra e Muxía e unha serie de camiños marítimos dende os portos de arribada do noroeste de Galicia, conectando Santiago coa costa a través da ponte de Portomouro e o altiplano do Xallas. Este roteiro presenta, a quen o percorre, un patrimonio e paisaxes únicos que nos levan de volta ao tempo das primeiras peregrinacións.
Día: 28 de outubro
Hora: 19:30 horas
Lugar: Salón Actos, Centro Interxeracional da Rocheira.