Coristanco acollerá do 15 ao 17 de setembro a 41ª edición da súa Festa da Pataca

Enrique Tasende, Juan García e Clarisa Couto, na presentación do evento.

Serán tres días dun variado programa organizado polo Concello e que foi presentado este luns polo alcalde Juan García Pose, no que se introducen algunhas novidades. A empresa arteixá Bonilla elaborará unha edición especial para a feira de bolsas de patacas fritas coa variedade Kennebec de pataca de Coristanco no seu interior. «Un xeito de saborear Coristanco a través da súa pataca, neste caso en estilo chip», afirmou o rexedor, e que estarán á venda durante os tres días da feira en bolsas de 150 gramos.

Pero como non só de patacas vive o home, tamén haberá música, actividades deportivas, concursos, xogos, sorteos, obradoiros e máis artesanía que nunca. «A celebración ten que valer para ensalzar Coristanco, pero sobre todo para divulgar a súa pataca», incidiu o Alcalde. Poderase degustar, por exemplo, en tortilla, en empanada ou en versión cachelos, acompañada sardiñas, pescado da Costa da Morte, carne ao caldeiro ou mexillóns á feira. Voltará o tradicional desfile de tractores engalanados polas rúas da vila, será o domingo 17, día grande, ás 11:30 horas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha