Por cuarto ano consecutivo, a Xunta Local da Asociación Española Contra o Cancro e o Concello de Coristanco, unen o seu esforzo para desenvolver a IV Andaina Solidaria en apoio á loita contra o Cancro.
O Domingo 8 de outubro, ás 10.30h na Praza do Concello, desenvolverase a actividade cun percorrido de 7 km. Para participar será necesaria a previa inscrición antes do venres 6 de outubro ás 12 horas, polas seguintes canles:
Por Teléfono: 651 66 49 08
Por correo electrónico: biblioteca@coristanco.gal
De forma presencial: Biblioteca Municipal
O percorrido terá unha dificultade baixa e será recomendable o uso de roupa e calzado axeitado para camiñar. A Asociación Española Contra o Cancro de Coristanco disporá dun punto para realizar as súas doazóns e con acceso aos petos e compra de material para colaborar coa asociación.