Cadea humana e cita gastronómica a prol da loita contra o cancro en Coristanco

1 minutes read

O Concello de Coristanco, un ano máis, colaborará coa xunta local da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) co obxecto de apoiar e secundar os obxectivos desta última Entidade: Por máis investigación, polas pacientes e pola prevención!

Con motivo do Día Mundial Contra o Cancro de mama, farán unha Cadea Humana Solidaria Rosa. En Coristanco, terá lugar o vindeiro xoves 19 de outubro de 2023, ás 20:30 horas na praza do Concello. Dende a organización pregan aos asistentes acudir cunha prenda de cor rosa.

Ademais o domingo 22 de outubro ás 14:00 horas celebrarán unha cita gastronómica en Casa Sánchez (Coristanco), para a que xa podes mercar a túa entrada máis solidaria. Xuntos contra o cancro, para axudar a aqueles que o precisan e financiar a investigación. Teléfono de información : 609705100.