Este mes de setembro Coristanco quere homenaxear o seu produto estrela, a pataca, cun completo programa para a exaltación de dito tubérculo. Gastronomía, música, poesía, cine, encontros literarios…
Quero Pataca! Ruta dos Pinchos
Este ano, do 16 ao 19 de setembro, 11 locais hostaleiros presentarán as súas propostas para a Ruta dos Pinchos 2021, todos eles coa pataca como protagonista. Ademais proverán das Cartillas de Quero Pataca a todos o participantes na degustación. Ao lograr cinco selos diferentes, un por cada pincho, poderase entrar no sorteo de 11 experiencias gastronómicas no municipio.
Concurso escaparatismo de exaltación á pataca 2021
O Concello de Coristanco neste 2021 co obxecto de promover e apoiar ao comercio local e exaltar a pataca, o seu produto por excelencia, pon en marcha unha iniciativa para mellorar a imaxe comercial dos establecementos e engalanar así o municipio nestas datas tan especiais. Premiaranse os escaparates mellor decorados en función de criterios artísticos, técnicos e comerciais, e valorarase a evocación de elementos identitarios de Coristanco co emprego da pataca como elemento base.
INSCRICIÓNS
Efectuaranse ata o 16 de setembro de 2021 no Rexistro Xeral do Concello.
CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN
Os escaparates deberán estar colocados entre o 17 e o 20 de setembro de 2021, período en que os membros do tribunal procederán á súa valoración. Os premios outorgaranse en función da puntuación que lle asine o xurado ao analizar os diferentes criterios de valoración.
PREMIOS
Concederanse cinco premios distribuídos da seguinte forma:
1ºPremio: 300€
2º Premio: 200€
3º Premio: 100€
4º e 5º Premio: 50€

