Coristanco | Atopan unha muller morta no lugar de Armada, en Erbecedo

Imaxe de arquivo dunha ambulancia do 061

Unha muller de avanzada idade apareceu morta este sábado no lugar de Armada, no límite entre a parroquia de Erbecedo e a de Entrecruces. A muller vivía soa desde facía algún tempo, tras quedar viúva. Segundo veciños do lugar, unha bolsa do pan na porta alertou a un familiar que se acercou a vivenda e atopou á muller sen que esta lle respondese. Dada a voz de alarma ao lugar desprazouse unha ambulancia, pero xa nada puideron facer por salvarlle a vida. Ao lugar acudiu unha patrulla da Garda Civil así como a autoridade xudicial de garda para o levantamento do corpo. A autopsia será a que revele con claridade que foi o que lle causou a morte á muller, que tiña dous fillos residentes na comarca de Bergantiños.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha