38
Os obradoiros de Nadal continúan moi activos nos diferentes concello da Costa da Morte, como é o caso de Coristanco, onde este luns se realizaron galletas decoradas con motivos desta festividade. Este martes tamén participaron seis nenos no Obradoiro de Madalenas.
Esta programación pecharase o vindeiro 4 de xaneiro coa obra «O Nadal na fraga», onde unha parella de irmáns vestirán unha árbore do monte con diferentes adornos. Será no Edificio de Servizos Múltiples.
Todas as actividades están realizándose coas normas e medidas sanitarias específicas.