Coristanco celebra os obradoiros de Nadal máis saborosos

Imaxe de actividades no obradoiro de Nadal en Coristanco_Cedida

Os obradoiros de Nadal continúan moi activos nos diferentes concello da Costa da Morte, como é o caso de Coristanco, onde este luns se realizaron galletas decoradas con motivos desta festividade. Este martes tamén participaron seis nenos no Obradoiro de Madalenas.

Esta programación pecharase o vindeiro 4 de xaneiro coa obra «O Nadal na fraga», onde unha parella de irmáns vestirán unha árbore do monte con diferentes adornos. Será no Edificio de Servizos Múltiples.

Todas as actividades están realizándose coas normas e medidas sanitarias específicas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha