Coristanco celebrará este domingo a Terceira Andaina Solidaria contra o cancro


Con motivo do Día Mundial do Cancro de Mama que terá lugar o vindeiro 19 de outubro, o Concello de Coristanco tínguese de rosa para concienciar á sociedade da importancia da investigación e o diagnóstico precoz desta enfermidade e implicarase nesta conmemoración para dar visibilidade e apoiar a todos os pacientes que loitan cada día para superar esta doenza.

Este Domingo 2 de outubro terá lugar a Terceira Andaina Solidaria contra o cancro de mama, cun percorrido de 3 km que dará comezo ás 10:00h con saída dende a Praza da Igrexa de Seavia. Para participar será necesaria a previa inscrición antes do venres 30 de setembro ás 12 horas, polas seguintes canles:

📞 Por Teléfono: 651 66 49 08 / 665 29 41 94.

➡️ De forma presencial: Biblioteca Municipal.

O percorrido terá unha dificultade moderada e será recomendable o uso de roupa e calzado axeitado para camiñar. A Asociación Española Contra o Cancro de Coristanco disporá dun punto para realizar as súas doazóns e con acceso aos petos e compra de material para colaborar coa asociación.

O Concello de Coristanco agradece o apoio e colaboración de Panadería- Pastelería- Heladería Roiser, Panadería San Payo, Panaderia Isolina San Payo, 18; Garcos panadería y confitería , Carnicería Maruja e Carrefour Coristanco

RUTA: Penedos de Penavia.

SAÍDA: Praza da Igrexa de Seavia.

DISTANCIA: 3 km.

DIFICULTADE: moderada-alta.

TEMPO APROX.: 1,40 horas

MODO: Circular con desnivel.