Coristanco celebrará o 4 de outubro a VII edición da Andaina Solidaria pola Loita contra o Cancro

1 minutes read

A Xunta Local de Coristanco da Asociación Española Contra o Cancro organiza esta actividade que ten o obxectivo de sumar o apoio da veciñanza a esta causa.

Esta ruta partirá ás 09:00 horas dende a Igrexa de San Lourenzo de Agualada. O percorrido, de catro quilómetros, é circular e terá unha duración estimada duns 50 minutos. A súa dificultade é baixa, o que a converte nunha actividade adaptada a todos os públicos.

Para participar, requírese inscrición previa. Esta poderá completarse antes do 1 de outubro ás 12:00 horas, xa sexa por vía telefónica, contactando co 981 733 280; ou de xeito presencial, acudindo á Biblioteca Municipal de Coristanco.

Durante a celebración desta xornada, a Xunta Local da Asociación Española Contra o Cancro contará cun punto de recollida de doazóns, petos solidarios e material diverso, pensado para todas aquelas persoas participantes que estean dispostas a colaborar coa entidade.

Recoméndase levar roupa deportiva adecuada e calzado cómodo para camiñar.