29
O Concello de Coristanco volverá conmemorar un ano máis o Día Internacional da Muller cunha programación que inclúe actividades culturais, divulgativas e deportivas. A celebración do 8 de marzo non pode ser allea ao crecente protagonismo da muller a medida que aumentan os seus éxitos e as súas contribucións á grandeza de diferentes disciplinas. Este 8 de marzo é unha oportunidade magnífica para lembrar e por en valor o camiño realizado por tantas pioneiras ao longo de décadas que lograron que os seus éxitos –e tamén os seus fracasos- sexan considerados sen distinción ou discriminación algunha. Dito programa dará comezo o martes 7 de marzo ás 18:00 horas.