Coristanco contará cos servizos do programa de Coidados Porta a Porta que ofrece a Xunta


Este programa que frecerá consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria a máis de 100.000 galegos, estará operativo os vindeiros 10, 11 e 12 de abril na praza do Edificio de Servizos Múltiples de Coristanco.

O Servizo de podoloxía ofrece: Consulta básica; unha valoración do estado xeral do pé, un corte e limpeza de uñas, eliminación de durezas, callos e helomas.
O Servizo de audioloxía: Valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva.
No Servizo de estimulación da memoria: Un profesional realizará unha valoración cognitiva e proporcionará pautas dende unha perspectiva terapéutica de cómo prever e aminorar un deterioro, en caso de habelo.
Destes servizos poden beneficiarse todas as persoas maiores de 55 anos, con cita previa e de maneira gratuíta.
Un autobús estará habilitado en Coristanco eses días con profesionais de cada unha das especialidades. Atenderán con cita previa no teléfono 622 748 283 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.