Coristanco contará cun proxecto de tratamentos silvícolas


A nova trascendeu tras o encontro telemático que mantivo o alcalde de Coristanco, Juan Carlos García Pose, co conselleiro do Medio Rural, José González. Este proxecto estará ubicado no monte veciñal en man común Río do Sol, será baixo xestión da Xunta de Galicia e vaise tramitar -ao longo do primeiro semestre deste ano- o proxecto de tratamentos silvícolas conta cun orzamento que supera os 237.000 euros. A iniciativa contempla rozas, podas -coa necesaria trituración dos restos destas operacións- e a eliminación dos pés ventureiros de acacia e eucalipto. Así mesmo, no encontro falouse tamén da anticipación aos lumes forestais mediante traballos preventivos, da extinción e da posible contribución do Concello á renovación da rede de puntos de encontro a disposición dos efectivos antiincendios da Consellería.