15
- Está programada para o próximo sábado, 18 de setembro, e será necesario inscribirse previamente na biblioteca municipal
O mes de setembro significa voltar á rutina, pero iso non quita que non sexan necesarias accións de ocio para desfrutar da chegada do outono (22 deste mes) e da natureza. Isto teno claro o Concello de Coristanco, que acaba de poñer en marcha unha programación para coñecer máis a fondo as tres sendas recentemente recuperadas nas parroquias de Seavia, Verdes e Oca.
A actividade está programada para o próximo sábado, 18 de setembro, con saída ás 09:00 horas desde o local social de Oca. A andaina terá unha duración aproximada de catro horas.
Será preciso inscribirse previamente na biblioteca municipal ou a través do teléfono 651 664 908. Os participantes deberán usar obrigatoriamente a máscara sanitaria.