Coristanco | Descubre as sendas de Seavia, Verdes e Oca a través dunha andaina

Concello de Coristanco

  • Está programada para o próximo sábado, 18 de setembro, e será necesario inscribirse previamente na biblioteca municipal

O mes de setembro significa voltar á rutina, pero iso non quita que non sexan necesarias accións de ocio para desfrutar da chegada do outono (22 deste mes) e da natureza. Isto teno claro o Concello de Coristanco, que acaba de poñer en marcha unha programación para coñecer máis a fondo as tres sendas recentemente recuperadas nas parroquias de Seavia, Verdes e Oca.

A actividade está programada para o próximo sábado, 18 de setembro, con saída ás 09:00 horas desde o local social de Oca. A andaina terá unha duración aproximada de catro horas.

Será preciso inscribirse previamente na biblioteca municipal ou a través do teléfono 651 664 908. Os participantes deberán usar obrigatoriamente a máscara sanitaria.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha