Este mes de abril, coincidindo coa conmemoración do día da saúde, o Concello de Coristanco desenvolverá diferentes dinámicas para a promoción da saúde de todo o territorio.
O obxectivo é claro: mellorar a saúde, o benestar e a calidade de vida da poboación con accións dirixidas a fortalecer as habilidades e capacidades dos participantes e a modificar as condicións sociais e ambientais, a fin de mitigar o seu impacto na saúde individual e da comunidade e reducir as desigualdades sociais en materia de saúde.
O vindeiro 15 de abril, o Concello de Coristanco desenvolverá un obradoiro sobre autocuidado e saúde mental. En presente coa nosa saúde, unha nova proposta que xorde do interese espertado en abordar a temática do autocuidado e a saúde mental en profundidade. Será no Edificio Interxeracional da Rocheira.
Desde un enfoque práctico, a psicóloga Susana Carro aportará as estratexias e os recursos para estar en calma no presente para así poder afrontar mellor as circunstancias que se nos presenten a través da posta en común e a realización de dinámicas participativas.
Inscrición: a través do teléfono 651 664 908 ou a canle electrónica biblioteca@coristanco.gal.