Coristanco difunde a arte local a través do programa «Reflexións en voz alta»

1 minutes read
  • As actividades que se executan pretenden poñer de manifesto a creación e difusión da arte local

O Concello de Coristanco está desenvolvendo no Edificio de Servizos Múltiples o programa «Reflexións en voz alta», cuxo obxectivo é afianzar e estender a creación e a difusión da arte local.

Estas xornadas de talleres e obradoiros comezaron co artista e artesán Genaro Amarelle Mato, quen demostrou que os obstáculos que un se atopa na vida poden converterse en fortaleza. Mato, enfermo de Esclerosis Lateral Amiotrófica, conseguiu converter as labores de cestería na súa paixón. 

Neste primeiro día o Edificio de Servizos Múltiples tamén contou coa visita do Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña; o Alcalde do Concello de Coristanco, Juan Carlos García Pose; e a Concelleira de Cultura de Coristanco, Clarisa Couto Castro; que aproveitaron a súa visita ás obras do Centro Médico para achegarse ata estas actividades.