37
O Concello de Coristanco ven de recibir a donación de alimentos provenientes dos colexios CPI Alcalde Xosé Pichel e CEIP Canosa-Rus. Deste xeito, en coordinación con Protección Civil de Coristanco, o Concello comezou coa distribución de 26 lotes destes alimentos a familias en situación de vulnerabilidade, sempre atendendo ás medidas de distanciamento social impostas no Real Decreto que regula o estado de alarma cun reparto realizado de forma escalonada.