Coristanco | Dúas artistas locais ceden ao concello obras adicadas á pataca

Cesión de las obras_Concello de Coristanco

O Concello de Coristanco recibiu das autoras locais Loli España e Isabel Soutullo dúas obras adicadas á pataca e á celebración que dende 1980 se festexa na localidade.

Debido á situación da Covid-19, este ano non puido celebrarse a popular “Festa da pataca de Coristanco”, pero desde o concello impulsouse unha iniciativa para apoiar a cultura e a tradición da zona baixo o lema “A pataca de Coristanco resiste”. Fotografías, debuxos e figuras feitas cos tubérculos foron os protagonistas desta iniciativa na que participaron moitos veciños.