Coristanco entregará este luns 25 composteiros

1 minutes read

O Concello de Coristanco, adherido ao programa de compostaxe doméstica da Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA), fará entrega de 25 composteiros a usuarios xa inscritos previamente, será o vindeiro luns 15 de marzo ás 19 horas. Coa distribución destes composteiros o Concello de Coristanco aposta pola reciclaxe e pola redución da fracción resto que vai ao colector verde. A inciativa será apoiada cunha charla formativa que permitirá acceder aos coñecementos precisos para lograr un proceso de compostaxe correcto: montaxe do composteiro, as vantaxes da compostaxe, temporalidade, residuos que se poden desbotar e cales non son recomendables, o rego así como a posibilidade de atopar solucións a posibles problemas que nos puideran xurdir durante o proceso. As seguintes entregas realizaranse a medida que se vaia producindo a demanda. As persoas que desexen contar cun composteiro no seu domicilio poden presentar a súa solicitude no Edificio de Servizos Múltiples.